II Mini Print Internacional Galicia

Organiza

  • TALLER EXPERIMENTAL DE OBRA MÚLTIPLE CONTEMPORÁNEA (GALICIA)

    Colaboran
  • XUNTA DE GALICIA
  • CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO (GALICIA)
  • FACULTADE DE BELAS ARTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO
  • MEMORIA DOCUMENTAL DE GALICIA
  • FUNDACIÓN CASA-MUSEO DE CAMAÑO XESTIDO “A MANGALLONA”
Cangas (Pontevedra, Galicia) Esperámosche no II Mini Print Galicia (Vídeo sen audio)

Bases de participación

Datas

  • Inscrición e envío postal ao certame estará aberto até o 16 de agosto de 2024.
  • Os premios serán anunciados o 6 de setembro de 2024.
  • Exhibición itinerante das obras do 6 de setembro ao 6 de decembro de 2024.

As Obras (temática libre)

O premio está aberto a todas as disciplinas de estampación e obra dixital impresa.

• Aceptaranse ata 3 obras diferentes por artista.

• Non hai medida mínima de imaxe pero as medidas do papel deben ser de 20 x 20 cm.

• As obras non poden ser anteriores ao ano 2022, nin pertencer a artistas falecidos.

• As obras estarán debidamente asinadas na fronte. No dorso, deben figurar as características        técnicas da obra e os datos do artista perfectamente lexibles.

As obras serán enviadas por CORREO CERTIFICADO, nun simple paquete, sen marco, cristal nin paspartú ata o día 16 de agosto de 2024.  O selo postal debe acreditar esa data límite.

Escribir na fronte do paquete “IMPRESOS” e “SEN VALOR COMERCIAL”.

Destinatario: MINI PRINT GALICIA / CASA DA CULTURA DE CANGAS

Dirección: Praza de San Xoán, 24, (Cangas, Pontevedra – Galicia), 36940, España

Email: concurso@miniprint-galicia.gal

Teléfono: + 34 986304550

Premios

Entregaranse os seguintes premios:

 1º Premio: € 2000

2º Premio: € 1000

3º Premio: € 500

Ademais dos primeiros premios, o xurado outorgará tres mencións.

As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio do fondo de arte da Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea e non serán devoltas.

O montante dos premios transferirase aos artistas durante os 30 días posteriores ao fallo dos premios, á conta bancaria que figure no formulario de inscrición.

Formulario de inscrición

O formulario de inscrición estará dispoñible en www.miniprint-galicia.gal e todos os ocos do formulario deberán ser completados.

Os datos persoais débense completar de igual modo que figuran no seu Documento de Identidade ou Pasaporte. Os datos persoais serán gardados de modo seguro e os participantes poden pedir que  sexan destruídos despois do concurso.

Ao encher o formulario, por favor, use calquera destes tres idiomas: español, galego ou inglés

As obras non premiadas poden ser devoltas aos participantes ou poden ser doadas ao Fondo de Arte da Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea. Esta información debe ser especificada no formulario de inscrición.

Os datos persoais e a dirección deben ser correctas e lexibles, xa que será cos devanditos datos que se realizará a devolución das obras, en caso de requirilo.

Cota de participación

A cota de participación é:

– Residentes na Unión Europea:

€ 50 (cincoenta euros) incluída a devolución das obras por correo certificado

€ 25 (vintecinco euros) sen devolución das obras (doazón)

– Non residentes na Unión Europea:

€ 55 (cincoenta e cinco) incluída a devolución das obras por correo certificado

€ 35 (trinta e cinco euros) sen devolución (doazón)

Despois de encher debidamente o formulario de inscrición debe efectuar o pago da cota correspondente á participación do certame a través do noso sitio www.miniprint-galicia.gal por:

a) transferencia bancaria (os custos de transferencias internacionais serán a cargo do participante).

O pago efectuarase a nome de Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea

Datos da conta:

CCC: 0049 7825 13 2910009587

IBAN: ES70 0049 7825 13 2910009587

BIC/CÓDIGO SWIFT: BSCHESMMXXX

(Banco SANTANDER, Av. de Concepción Arenal, 132, 36950 Moaña, Galicia, España)

b) Pago por Stripe

O xurado e a selección dos premios:

O xurado estará formado por 6 membros:

  • Leonardo Rial, artista e Director da Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea (Galicia, España)
  • Néstor Goyanes, gravador e promotor cultural (Arxentina)
  • Weronika Siupka, gañadora do Primeiro Premio do 1º Miniprint Internacional Galicia 2022-2023 (Polonia)
  • Xoán Pastor, Director do Museo do Gravado de Artes, Ribeira (España)
  • Maite Meixide, gañadora do Premio Especial Galicia no 1º Miniprint Internacional Galicia 2022-2023 (España)
  • Fruela Alonso Blanco, Artista e Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (España).

O xurado deliberará na Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea e valorará só as obras que cumpran con todos os requisitos das Bases. Aquelas que se reciban sen respectar estas normas non participarán nin lles serán devoltas.

A decisión do xurado será inapelable e publicada no sitio: www.miniprint-galicia.gal. Os artistas gañadores serán informados tamén mediante correo electrónico.

Espazo de exhibición das obras

Inauguración:

Concello de Cangas do Morrazo: 6 de setembro ao 5 de outubro de 2024, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cangas, ás 20 hs.

Dende o 6 de outubro ao 6 de decembro as obras serán expostas en diferentes lugares aínda por decidir.

Catálogo

Editarase un catálogo dixital que estará dispoñible, en alta resolución, para descarga gratuita na nosa paxina web www.miniprint-galicia.gal

Para completar os catálogos empregarase a información persoal e das obras conforme ao formulario de inscrición.

Devolución das obras

Os artistas non premiados que optasen pola Devolución das obras, e pagaran a correspondente cota de participación, seránlle devoltas por Correo Certificado (Correos de España) a partir do 6 de decembro de 2024

As obras serán enviadas ao enderezo que figura no formulario de inscrición.

É importante que nos notifique sobre calquera cambio de dirección que poida haber entre o envío das obras e a data de finalización do certame. Se o paquete postal é dovolto por Correos, os participantes serán notificados por email e poderán enviarnos un novo enderezo para facer un segundo envío. Neste caso, os participantes deberán abonar o custo adicional do mesmo.

Guía de participación

Cada artista participante, antes do 16 de agosto de 2024, debe:

1. Completar integramente o formulario de inscrición en liña.

2. Pagar a correspondente cota de participación, dependendo se quere que as obras sexan doadas ou devoltas.

3. Enviar por correo postal certificado: as obras participantes, copia do formulario da inscrición e o comprobante de pago.

4.- A recepción das obras non serán notificadas. As obras premiadas e as mencións serán publicadas na nosa web e os artistas premiados notificados por correo electrónico.

A Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea resérvase o dereito de reproducir as obras recibidas xa sexa para promoción, difusión e fins culturais.

Aínda que as entidades responsables do certame velarán polo estado óptimo das obras, manipulándoas co maior dos coidados, non se responsabilizarán por posibles danos, perdas,  demoras ou retencións en Aduana que poidan ocasionarse durante o envío ou na exhibición das mesmas.

A organización ten potestade para resolver imprevistos que puidesen xurdir.

A participación no concurso implica a aceptación total destas bases.

Galicia, 10 de decembro 2023. Día Internacional dos Dereitos Humanos

A participación no Premio implica a aceptación total destas bases.