Bases de participación

Datas:

• Inscrición e envío postal ao certame estará aberto até o 31 de agosto de 2026.

• Acto de inauguración, entrega de premios e presentación do catálogo:  19 de setembro de 2026

• Exposición das obras: até o 24 de outubro de 2026

As obras:

O premio está aberto a todas as disciplinas de estampación e obra dixital impresa.

• Aceptaranse ata 3 obras diferentes por artista.

• Non hai medida mínima de imaxe pero as medidas do papel deben ser de 20 x 20 cm.

• As obras non poden ser anteriores ao ano 2024, nin pertencer a artistas falecidos.

• As obras estarán debidamente asinadas na fronte. No dorso, deben figurar as características        técnicas da obra e os datos do artista perfectamente lexibles.

As obras serán enviadas por CORREO CERTIFICADO, nun simple paquete, sen marco, cristal nin paspartú ata o día 10 de xullo de 2026.

Escribir na fronte do paquete “IMPRESOS” e “SEN VALOR COMERCIAL”.

Destinatario: MINI PRINT GALICIA 

Enderezo: Apartado de Correos, nº 5, Moaña – 36950, (Pontevedra – Galicia),  España

Email: concurso@miniprint-galicia.gal

Premios:

Entregaranse os seguintes premios:

 1º Premio: € 2000,00

2º Premio: € 1000,00

3º Premio: € 500,00

Ademais destes premios, o xurado outorgará tres mencións sen dotación económica.

As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio do fondo de arte da Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea e non serán devoltas.

O montante dos premios transferirase aos artistas durante os 30 días posteriores ao fallo dos premios, á conta bancaria que figure no formulario de inscrición.

Formulario de Inscrición

O formulario de inscrición estará dispoñible en www.miniprint-galicia.gal e todos os ocos do formulario deberán ser completados.

Os datos persoais débense completar de igual modo que figuran no seu Documento de Identidade ou Pasaporte. Os datos persoais serán gardados de modo seguro e os participantes poden pedir que  sexan destruídos despois do concurso.

Ao encher o formulario, por favor, use calquera destes tres idiomas: español, galego ou inglés

As obras non premiadas poden ser devoltas aos participantes ou poden ser doadas ao Fondo de Arte da Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea. Esta información debe ser especificada no formulario de inscrición.

Os datos persoais e a dirección deben ser correctas e lexibles, xa que será cos devanditos datos que se realizará a devolución das obras, en caso de requirilo.

Cota de participación

A cota de participación é:

– Residentes na Unión Europea:

€ 50 (cincoenta euros) incluída a devolución das obras por correo certificado

€ 25 (vintecinco euros) sen devolución das obras (doazón)

– Non residentes na Unión Europea:

€ 55 (cincoenta e cinco) incluída a devolución das obras por correo certificado

€ 35 (trinta e cinco euros) sen devolución (doazón)

Despois de encher debidamente o formulario de inscrición debe efectuar o pago da cota correspondente á participación do certame a través do noso sitio www.miniprint-galicia.gal por:

a) PayPal, maredetinta@gmail.com

b) transferencia bancaria (os custos de transferencias internacionais serán a cargo do participante).

O pago efectuarase a nome de Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea

Datos da conta:

CCC: 0049 7825 13 2910009587

IBAN: ES70 0049 7825 13 2910009587

BIC/CÓDIGO SWIFT: BSCHESMMXXX

(Banco SANTANDER, Av. de Concepción Arenal, 132, 36950 Moaña, Galicia, España)

c) Pago por tarxeta

O xurado e a selección dos premios:

O xurado estará formado por 4 membros estables e un artista invitado:

  • Leonardo Rial, Director do Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea;
  • Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Director do Museo do Gravado de Artes (Ribeira);
  • Yolanda Carbajales, artista plástica;
  • Carlos L. Bernárdez, Ensaísta e crítico de arte;
  • Andrés Conde Balado, artista plástico.

O xurado deliberará na Sala “Ángel Botello” da Casa da Cultura “Bernardino Graña” de Cangas de Morrazo e valorará só as obras que cumpran con todos os requisitos das Bases. Aquelas que se reciban sen respectar estas normas non participarán nin lles serán devoltas.

A decisión do xurado será inapelable e publicada no sitio: www.miniprint-galicia.gal. Os artistas gañadores serán informados tamén mediante correo electrónico.

Espazo de exhibición das obras

Inauguración: 19 de setembro de 2026, ás 12 hs, na Sala “Ángel Botello” da Casa da Cultura “Bernardino Graña” de Cangas de Morrazo.

Catálogo:

Editaranse 50 catálogos impresos que se entregarán aos artistas premiados, membros do xurado e entidades e institucións colaboradoras.

Este catálogo estará dispoñible para descarga gratuíta na nosa paxina web www.miniprint-galicia.gal

Para completar os catálogos empregarase a información persoal e das obras conforme ao formulario de inscrición.

Devolución das obras

Os artistas non premiados que optasen pola Devolución das obras, e pagaran a correspondente cota de participación, seránlle devoltas por Correo Certificado (Correos de España) a partir do 6 de decembro de 2026.

As obras serán enviadas ao enderezo que figura no formulario de inscrición.

É importante que nos notifique sobre calquera cambio de dirección que poida haber entre o envío das obras e a data de finalización do certame. Se o paquete postal é dovolto por Correos, os participantes serán notificados por email e poderán enviarnos un novo enderezo para facer un segundo envío. Neste caso, os participantes deberán aboar o custo adicional do mesmo.

Guía de participación

Cada artista participante, antes do 10 de xullo de 2026, debe:

1. Completar integramente o formulario de inscrición en liña.

2. Pagar a correspondente cota de participación, dependendo se quere que as obras sexan doadas ou devoltas.

3. Enviar por correo postal certificado: as obras participantes, copia do formulario da inscrición e o comprobante de pago.

4.- A recepción das obras non serán notificadas. As obras premiadas e as mencións serán publicadas na nosa web e os artistas premiados notificados por correo electrónico.

A Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea resérvase o dereito de reproducir as obras recibidas xa sexa para promoción, difusión e fins culturais.

Aínda que as entidades responsables do certame velarán polo estado óptimo das obras, manipulándoas co maior dos coidados, non se responsabilizarán por posibles danos, perdas,  demoras ou retencións en Aduana que poidan ocasionarse durante o envío ou na exhibición das mesmas.

A organización ten potestade para resolver imprevistos que puidesen xurdir.

A participación no concurso implica a aceptación total destas bases.

Galicia, 13 de xaneiro de 2026