O xurado estará formado por 6 membros: Néstor Goyanes, de Arxentina; Leonardo Rial, artista plástico; Yolanda Carbajales, artista plástica; Xoán Pastor Rodríguez, Director do Museo do Gravado de Artes, Ribeira; Virginia Ramírez , experta en arte, por Galicia; e unha artista convidada de Portugal a designar.
Néstor Goyanes
Buenos Aires, Arxentina, 1960
Egresado da Escuela Nacional de Bellas Artes Prilidiano Pueyrredón de Buenos Aires, en 1983, co título de Profesor Nacional de Debuxo e Pintura. Ten participado en numerosas exposicións individuais e colectivas en Arxentina e no mundo e obtido os premios de gravado máis importantes da Arxentina. Ten desenvolto moitas iniciativas de promoción e divulgación das técnicas do gravado.
Leonardo Rial
Vilariño, Cangas do Morrazo, 1953
Comeza a súa actuación nas artes plásticas a partir do ano 1985. A súa traxectoria está marcada por mostras individuais e colectivas, ten participado en numerosos concursos nacionais e internacionais obtendo importantes premios. Formou parte en xurados e en diversos talleres.
Yolanda Carbajales
Caracas, Venezuela, 1968
Licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisual, pola Universidade de Salamanca. A súa obra está definida e recoñecida, con importantes premios nacionais e internacionais, polo emprego da técnica de gravado da mezzotinta. Ten participado en numerosas mostras individuais e colectivas e as súas obras forman parte de importantes coleccións públicas e privadas.
Xoán Pastor Rodríguez
Porto do Son, Galicia, 1973
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía hispánica, pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2017 exerce a dirección do Museo do Gravado de Artes, Ribeira, A Coruña.
Virginia Ramírez (La Polaka)
A Habana, Cuba, 1971
Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Experta en arte, escritora e crítica.