Asociación Taller Experimental
de Obra Múltiple Contemporánea
A Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea, de Vilariño (Cangas do Morrazo, Galicia-España) está promovida e dirixida polo pintor e gravador Leonardo Rial e ten por obxectivos fundamentais a investigación, o desenvolvemento e a innovación aplicadas á creación plástica.
A Memoria gravada
A transmisión oral, a memoria compartida entre xeracións foi o xeito máis antigo e consubstancial á evolución humana.
Esta técnica e arte plástica viu para manter acesa a chama da memoria e consagrar, sobre un elemento, as pegadas manifestas dunha idea e, tamén, a capacidade multiplicadora do seu uso.
A Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contemporánea, da aldea mariñeira de Vilariño, no Concello de Cangas, quere coa convocatoria do Primeiro Mini Print Internacional «Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz», honrar a traxectoria de loita internacional polos Dereitos Humanos de Adolfo Pérez Esquivel, arquitecto, artista plástico, fillo da emigración galega en Buenos Aires e Premio Nobel da Paz, 1980.
Vilariño, 10 de decembro de 2022, «Día Internacional dos DDHH»